quinta-feira, 2 de maio de 2013

Ensinaram-me a desejar o intransitado


Ensináronme a desexar o intransitado
a obsesionarme cos teus dedos na miña boca liquidísima.

Tento loitar contra o que vén con todo o meu corpo
berro polo chan
e me agocho na mínima extensión.
Observo á que fun e me responde

cómo puideches chegar a isto.

E todos te esperaban. 
Agarreime a ti coma unha nena imbécil, entre as pernas
demasiado forte.

Coma os sen terra. As bandeiras gardábaas 
contigo, debaixo da casa
só para inquietarte. Para reconciliarme coas miñas mans.

Por iso de noite custábame sosterme
e engulía os teus ósos
lentamente. 

É non soportar saberme enteira de ti.

O medo de que marches
e xa non teña nada.