domingo, 7 de julho de 2013

Carne de Leviatan



Corazón

É tan lixeiro o espello que a súa decisión é voar
quere pensar un ceo:
alto altísimo celeste grande grandísimo
en contacto
unha grandeza
(é agora cando se nos revela un ínfimo cristal)
Nada disto pode escribirse:
o xesto que traza a liberdade e a liberdade dos límites
O espello bate
prega sobre si a musculatura
torce en hélice e finalmente volvese encartar
A grandeza
que non garda relación coa medida
pensase no corazón
“tes que termar das augas
a súa decisión é voar”
Nada se semella ao mundo
que é separado e desigual e outro
mundo único que é
Nunca remata nunca o inferno
e nunca é verdade
Como a sombra do ceo nas augas
e do bosque no ceo das augas
rítmico
como un día de néboa
É enxoito permanecer aquí
(un deserto abrasa calquera crenza e tamén a fortaleza abrasa )
é ceibe agudo estreito

Chus Pato